Thursday 16 de May de 2024

Galicia terá este ano 113 praias con Bandeira Azul, a terceira cominidade con máis galardóns deste tipo


— As praias de Caranza, en Ferrol, e O Adro, en Vigo, entran na listaxe por primeira vez

— Tamén haberá 12 portos galegos con bandeira azul este verán, 1 máis que en 2022

— A Asociación de educación ambiental e do consumidor concede 14 distintivos a outros tantos centros de visitantes e aulas da natureza de toda a Comunidade

— Sanxenxo repite de novo como o municipio español con máis praias galardoadas, concretamente 17, ademais de contar con 3 portos distinguidos e 1 centro azul

— Galicia consolida a súa posición a nivel nacional ao recibir un total de 174 distintivos en recoñecemento á calidade dos seus areais, portos deportivos, centros e sendeiros

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2023.- Galicia contará este ano cun total de 113 praias pertencentes a 34 municipios galardoadas coa bandeira azul, un distintivo de carácter internacional co que a Asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac) recoñece anualmente a areais de todo o mundo seleccionados en base a unha serie de criterios de sustentabilidade, accesibilidade e servizos.
Desde xeito, Galicia concentra case unha de cada cinco bandeiras concedidas en todo o país e consolida a súa posición entre as tres comunidades autónomas que reciben cada ano un maior número de distintivos para as súas praias, só superada por Valencia (que ten 135) e Andalucía (127).
Dos 113 areais galegos galardoados nesta edición —que se estenden ao longo de 53,2 km de costa e supoñen 1 máis que en 2022—, cómpre subliñar que 2 lucirán a bandeira azul por primeira vez: Caranza, no municipio de Ferrol, e O Adro, en Vigo. Ademais, a praia de Rodeira, en Cangas, recupera a insignia que non recibira o ano pasado.
A maiores das praias recoñecidas en 2023, en 12 portos deportivos galegos tamén ondeará este verán unha bandeira azul. Será 1 máis que na pasada edición, grazas á incorporación de Pedras Negras, no municipio do Grove.
De igual xeito e aínda que neste caso non lucirán bandeira como tal, Adeac volveu recoñecer un ano máis o labor dos chamados centros azuis. En concreto, 86 aulas da natureza, centros de visitantes e instalacións dedicadas á educación ambiental de todo o país terán esta consideración e deles 14 están en Galicia. Neste caso, á listaxe galega de centros azuis se suma por primeira vez a Casa Museo de Colón, en Poio.
Cómpre subliñar que os criterios esixidos por Adeac para a concesión da bandeira azul, no caso de praias e portos, están relacionados coa calidade das augas —que ten que ser excelente—; a seguridade e a accesibilidade; a dotación de servizos; así como a xestión ambiental e a sustentabilidade. Pola súa parte, os centros azuis deben fomentar a educación ambiental no litoral, o coñecemento da contorna e as alternativas de ocio.
Por provincias, Pontevedra concentra o maior número de bandeiras azuis de Galicia, concretamente 58 que recaen noutras tantas praias e 6 en instalacións portuarias. No caso da Coruña, os galardoados foron 37 areais e 5 portos e, no de Lugo, recoñeceuse con este distintivo a 18 praias e 1 porto deportivo.
Ademais, Sanxenxo volve repetir como o municipio español con máis areais galardoados, un total de 17, os mesmos que logrou o ano pasado. O concello pontevedrés suma tamén outras 3 distincións para os seus portos deportivos e terá de novo 1 centro azul.

Así mesmo, no caso da provincia da Coruña, Arteixo volve ser o que concentra este ano un maior número de bandeiras, cun total de 8 praias seleccionadas; seguido da Coruña —5 areais e 1 porto—, Oleiros —con 5 areais distinguidos ademais de contar con 2 centros azuis— e Ferrol —con 5 praias recoñecidas tamén ao sumar a de Caranza—.

Por último, Foz é o concello lucense con máis areais galardoados, un total de 5; seguido de Burela, con 3 praias e 2 centros azuis; Barreiros, con 3 areais; e Ribadeo, que suma 2 praias con bandeira azul e o único porto distinguido nesta provincia.
A Comunidade con máis sendeiros azuis
Por último e con relación aos chamados sendeiros azuis, cómpre precisar que por segundo ano consecutivo Adeac convocou estes distintivos no marco dun programa independente ao de bandeira azul.
De feito, o acto de entrega de premios aos 104 roteiros galardoados en 2023 en todo o país celebrouse o pasado 24 de febreiro en Santiago de Compostela, un recoñecemento a Galicia, que sigue sendo a comunidade española con máis sendeiros azuis —35 este ano, 6 máis que na edición anterior— .
En total e sumando praias, portos, centros de visitantes e sendeiros distinguidos por Adeac, Galicia atesoura 174 distintivos, 8 máis que en 2022, uns datos que confirman e consolidan a súa posición entre as comunidades españolas que concentran cada ano un maior número de recoñecementos deste tipo.

A continuación detállanse os galardóns concedidos en 2023 en Galicia, diferenciando entre praias, portos e centros azuis e resaltando cun * os que o reciben por primeira vez.

 

PRAIAS CON BANDEIRA AZUL 2023
PROVINCIA DA CORUÑA

14 concellos / 37 areais

A Coruña As Lapas
Orzán-Matadero
Oza
Riazor
San Amaro
A Laracha Caión
Arteixo A Hucha
A Salsa (Repibelo)
Barrañán
Combouzas
O Reiro
Sabón
Valcobo
Porto de Suevos
As Pontes Lago das Pontes
Bergondo Gandarío
Camariñas Arou
Carballo Pedra do Sal
Razo
Saíñas
Dumbría O Ézaro
Ferrol A Fragata-O Pareixal
Caranza *
Doniños
Esmelle
San Xurxo
Laxe Laxe
Miño Perbes-Andahío
Oleiros Bastiagueiro
Espiñeiro
Mera
Naval
Santa Cristina
Ponteceso A Ermida
Balarés
O Osmo
Ribeira Coroso
PROVINCIA DE LUGO

8 concellos / 18 areais

Barreiros Fontela Valea
Coto
A Pasada
Burela A Marosa
O Portelo
Ril
Cervo O Torno
Foz A Rapadoira
Areoura
As Polas
Llas
Peizás
O Vicedo Abrela
Xilloi
Ribadeo As Catedrais
Os Castros-Illas
Viveiro Area
Xove Esteiro
PROVINCIA DE PONTEVEDRA

12 concellos / 58 areais

A Guarda Area Grande
O Muíño
Illa de Arousa Area da Secada
Bao (Camaxe)
Baiona Barbeira
Concheira
Frades
Ribeira
Santa Marta
Bueu Area de Bon
Banda do Río
Lagos
Lapamán
Portomaior
Cangas Areabrava
Areamilla
Liméns
Menduíña
Nerga
Rodeira
Marín Aguete
Mogor
Portocelo
Santo do Mar-A Coviña (2 praias)
Moaña O Con
Poio Cabeceira
Ponte Caldelas A Calzada (praia fluvial)
Sanxenxo A Lapa
Agra
Areas
Areas Gordas
Baltar
Bascuas
Canelas
Caneliñas
O Espiñeiro-A Lanzada
Foxos
Major
Montalvo
Nosa Señora da Lanzada
Panadeira
Paxariñas
Pragueira
Silgar
Vigo A Punta
Argazada
Canido
Carril
Fontaíña
Fortiñón
O Adro *
O Vao
Rodas (Illas Cíes)
Samil
Santa Baia
Tombo do Gato
Vilagarcía de Arousa Campanario
Compostela

 

PORTOS CON BANDEIRA AZUL 2023
A Coruña A Coruña Real Club Náutico A Coruña-Marina Real
Boiro Club Náutico Boiro-Marina Cabo de Cruz
Sada Club Náutico Sada
Porto Deportivo Sadamar
Porto do Son Real Club Náutico de Portosín
Lugo Ribadeo Porto Deportivo de Ribadeo
Pontevedra Baiona Monte Real Club de Iates de Baiona
Cangas Porto Deportivo Cangas (Real Club Náutico Rodeira)
O Grove Porto Deportivo Pedras Negras *
Sanxenxo Real Club Náutico Sanxenxo
Club Náutico Portonovo
Porto Deportivo Juan Carlos I

 

CENTROS AZUIS 2023
A Coruña Oleiros Centro de visitantes do Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes
CEIDA-Centro de Extensión Universitaria e  Divulgación Ambiental de Galicia
A Laracha Centro de interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte Golmar
Camariñas Centro de visitantes do Faro de Cabo Vilán
Museo Man de Camelle
Lugo Burela Centro de Educación Medioambiental Gaia
Barco Museo Reina del Carmen
Cervo Carpintería de Ribeira Francisco Fra
Pontevedra Bueu Aula de Natureza Cabo Udra
Centro de interpretación Agrelo
Sanxenxo Centro de interpretación As Telleiras
A Illa de Arousa Centro de interpretación da Conserva
Marín Centro de interpretación dos petróglifos de Mogor
Poio Casa Museo de Colón *